14.12.22

Qué é a hemodialise?

A hemodialise é un tratamento de sustitución da función renal que consiste en filtrar a sangue cando os riles xa non son o suficientemente saudables para funcionar de maneira adecuada. Durante este proceso, a sangue extráese do organismo e fáise circular por unha máquina, que contén un dializador ou filtro, onde se eliminan as toxinas acumuladas e o exceso de líquidos. Despois devólvese a sangue limpa ao organismo. A hemodialise é unha forma de tratar a insuficiencia renal avanzada e pode axudar a levar unha vida activa a pesar da insuficiencia renal. 

Para poder levar a cabo a hemodialise é necesario un acceso vascular que permita a circulación dun gran fluxo de sangue hacia o dializador ou filtro. Esto pode levarse a cabo mediante unha fístula arterio-venosa ou un cáteter vascular. 

A fístula arterio-venosa consiste en unir, mediante unha intervención quirúrxica, unha arteria cunha vena cercana. Esto realizase debido a que as venas son moi estreitas e non se poden empregar para realizar hemodialise, polo que non permiten obter un fluxo o suficientemente alto. Tras a unión da arteria e a vena, a forza do sangue que circula pola arteria e pasa a vena, permite que a vena se agrande e poda así obter o fluxo necesario para poder levar a cabo a dialise. Ao cabo de 4-6 semanas, a vena va está o suficientemente dilatada para poder realizar puncións repetidas para levar a cabo a diálisis. 

En cambio, o catéter vascular é un acceso que consiste en colocar un tubo nunha vena grosa do organismo a nivel do pescozo ou do muslo. Normalmente isto é provisional debido a que presenta un risco de infectarse, pero pode ser definitivo no caso de que a fístula arterio-venosa non se poda levar a cabo. 

Outra técnica é a do enxerto na que o cirurxían conecta a arteria cun tubo blando que actúa como vena. Este é colocado debaixo da pel do brazo ou do antebrazo. Durante o tratamento colócanse dúas agullas no enxerto que conectan a arteria coa máquina de diálise permitindo que a sangue saia da arteria, a través dunha agulla, se dirixa a máquina, sea filtrada, e despois retorne ao corpo através da vena e unha nova agulla.

Ademáis da técnica habitual de hemodialise atópase a dialise peritoneal, modalidad de tratamento de sustitución da función renal que leva a cavo a mesma función que a hemodialise pero coa diferencia de que esta realizase a través da membrana natural que recobre os órganos da cavidade abdominal, o peritoneo. 

Para poder levar a cabo esta técnica precisase dun tubo estreito e flexible (catéter peritoneal) que colocase dentro do abdomen mediante unha operación con anestesia xeral. A través do tubo, introdúcese un 2 litros, maís ou menos, de liquido de dialise na cavidade abdominal e deixase que actúe durante unhas horas para que as sustancias tóxicas e a auga pasen do peritoneo ao líquido. Posteriomente, vacíase e volvese a encher con liquido novo e limpo, iniciando así un novo ciclo. 

A gran diferencia desta técnica coa da hemodiálise e que esta levase a cabo no domicilio do paciente diariamente, mentres que a hemodiálise pode levarse a cabo tanto no domicilio como no centro de saúde durante 3 días a semana de forma alterna e durante un longo de catro a cinco horas. 

 Bibliografía

  1. ¿Qué es la Hemodiálisis? [Internet]. Clínic Barcelona. [citado o 14 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.clinicbarcelona.org/asistencia/pruebas-y-procedimientos/dialisis/hemodialisis
  2. Hemodiálisis [Internet]. Mayoclinic.org. 2021 [citado o 14 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.mayoclinic.org/es-es/tests-procedures/hemodialysis/about/pac-20384824
  3. Acceso de hemodiálisis [Internet]. Freseniuskidneycare.com. [citado o 14 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.freseniuskidneycare.com/es/treatment/in-center-hemodialysis/hemodialysis-access-options