O proceso de coagulación é aquel que se activa cando se produce unha hemorraxia, para tratar de tapar unha ferida. Un dos parámetros básicos para poder medir o tempo de coagulación da sangue é o tempo de protrombina.
O INR (International Normalized Ratio) é un parámetro que se basa nos resultados das probas do tempo de protrombina, é dicir, o tempo que tarda a sangue en coagularse. O rango de INR pode variar dunha persoa a outra dependendo da enfermidade pola cal toma o anticoagulante. Ademáis da enfermidade o efecto póde verse influido pola dieta, fármacos ou outras enfermidades. Este parámetro permítenos axustar a dosis de fármacos anticoagulantes en persoas en tratamento por enfermidades ou risco cardiovascular, como poden ser fibrilación auricular, infarto de miocardio ou trombosis venosa.
Unha persoa que non toma anticoagulantes presenta un INR de alrededor 1, mentres que unha persoa que si os toma presenta un INR máis elevado, xa que a sangue tarda en coagularse máis do normal. No caso de que o INR se atope por debaixo de 2 o risco de trombosis (coágulos de sangue) ou embolia aumenta, mentres que si se atopa por riba de 4 o risco de hemorragias (sangrados abundantes) aumenta. Polo tanto os valores de INR entre 2 e 4 son os que teñen un menor risco de complicacións. É moi importante levar a cabo controis de INR con frecuencia para manter a dosis o máis axustada posible e así evitar complicacións.
Principalmente, a medición do INR úsase para o control da coagulación das personas que están tomando anticoagulantes orales. En función da patoloxía o rango de INR pode variar, na imaxe pódense ver diferentes patoloxías que precisan de anticoagulantes e o rango de INR que deben presentar.
Para poder obter o INR é necesario realizar unha extracción de sangue e obter o valor do tempo de protrombina do paciente, así como coñecer os valores do tempo de protrombina de referencia, que adoita a ser a media dun conxunto de individuos sanos, e o ISI (Índice de Sensibilidade Internacional) da tromboplastina utilizada na medición.
Para regular a coagulación da sangue preséntanse anticoagulantes orales, que son os antagonistas da vitamina K (acenocumarol/warfarina) que son os máis usados, onde destaca o Sintrom (acenocumarol) o cal presenta unha vida media de 8-11 horas. Estos fármacos encárganse de inhibir a activación da vitamina K e impide que se activen os factores II, VII, IX e X, participantes no proceso de coagulación. Moitos medicamentos poden interferir cos anticoagulantes orales do tipo warfarina como son antibióticos, antiarrítmicos (amiadorona, diltiazem), antiepilépticos (carbamazepina), AINEs (Celecoxib), antidepresivos (Citalopram, Sertralina) e estatinas para el colesterol (simvastatina), que poden provocar variacións indeseadas no rango de INR.
Ademáis dos medicamentos orais, atopamos a heparina outro tipo de anticoagulante pero a súa administración é por vía intravenosa ou subcutánea, debido a que as moléculas que a conforman son de gran peso molecular e o intestino non é capaz de absorbelas correctamente, ademáis de que as enzimas dixestivas as inactivan. A vía de administración de elección é a intramuscular, na maioría dos casos, a excepción das situacións de emerxencia onde utilizase a vía intravenosa.
O uso da heparina realizase nos pacientes os cales se lles teñen que regular os valores de INR, é dicir, o sintrom é unha medicación que se utiliza para que o rango de INR esté estable, no momento que este valor sea diferente ao que debe ser para ese paciente, administrarase heparina para que o valor volva a normalidade de forma rápida e durante un corto período de tempo.
Distinguimos dous tipos de heparina: a heparina sódica ou non fraccionada (HNF) e a heparina fraccionada, tamén chamada heparina de baixo peso molecular (HBPM). A heparina de baixo peso molecular pode durar de 4 a 6 horas na sangue, mentres que a non fraccionada dura 1 hora no sangue.
As heparinas non fraccionadas están formadas por unha mezcla de diferentes polisacáridos, é poden variar tanto de tamaño como de peso. No caso do peso, este está comprendido entre 6.000 e 40.000 daltons, sendo o peso medio de 15.000 daltos. No caso das heparinas de baixo peso molecular estas proceden da fractura das anteriores. Tamén formadas por cadenas de polisacáridos, pero o peso molecular medio é moito menor, está comprendido entre 4.000 e 5.000 daltons.
A heparina é curativa e preventiva xa que anticipase a formación de trombos e tamén participa no tratamentos dos mesmos.
Bibliografía
- Rango Terapéutico INR [Internet]. Enfermería Creativa. 2021 [citado o 30 de novembro de 2022]. Dispoñible en: https://enfermeriacreativa.com/2021/03/11/rango-terapeutico-inr/
- Control del INR [Internet]. Portal de Salud de la Junta de Castilla y León. [citado o 30 de novembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.saludcastillayleon.es/AulaPacientes/es/cuidados-recomendaciones/recomendaciones-personas-tratamiento-anticoagulante/antivitamina-k-avk/control-inr
- INR. International Normalized Ratio. Indice internacional normalizado [Internet]. Tuotromedico.com. [citado o 30 de novembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.tuotromedico.com/temas/INR-sangre.htm
- INR en la sangre normal [Internet]. Tuotromedico.com. [citado o 30 de novembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.tuotromedico.com/parametros/INR-en-sangre-normal.htm
- Viruega S. Heparina: ¿qué es y cómo se administra? [Internet]. Mejor con Salud. 2019 [citado o 30 de novembro de 2022]. Dispoñible en: https://mejorconsalud.as.com/heparina-que-es-como-se-administra/
- Heparina – Heparina [Internet]. Heparinscience.com. [citado o 30 de novembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.heparinscience.com/heparina/