2.12.22

A vida cun estoma

Durante as miñas primeiras prácticas en enfermería, atopeime cun paciente cun estilo de vida un pouco diferente ao noso, isto débese pola súa ostomía, que consiste nunha abertura artificial dunha víscera hueca ao exterior, co obxectivo de eliminar as feces. 

Estas ostomías se realizan en casos de enfermidades como cáncer de colon, de recto, diverticulitis con peritonitis intensa, traumatismos graves... No caso do meu paciente, desarrollou complicacións intestinais secundarios á enfermidade de Crohn. 


TIPOS DE OSTOMÍAS

En función do órgano implicado, nos podemos atopar con diferentes tipos de estomas: 

  • Si se exterioriza o íleon, tendremos unha ileostomía.
  • Si se exterioriza o colón, tratase dunha colostomía.

En función da parte do colon que se exteriorice, tendremos colostomías transversas, descendentes ou sigmoideas. Neste caso, falamos dunha colostomía sigmoidea. 



CUIDADOS DAS OSTOMÍAS

Unha das características máis importantes dos ostomizados, é que sempre irán acompañados dunha bolsa cun disco, o cal lle proporciona a súa adherencia á pel. En cada caso, pódese escoller ben o tamaño da bolsa e do disco según como sexa cada estoma. 

Unha vez expulse ó contido na bolsa, debe vaciarse ou cambiar cando haxa chegado a un tercio ou metade da capacidade da bolsa. Cambiar os discos e a bolsa de maneira periódica, pero evitar quitar o disco máis dunha vez por día senón ocorre ningún problema. 

Levar un coidado diario da pel arredor do estoma, mollando con auga tibia e xabón neutro, de dentro hacia fóra e secalo ben con toques suaves sen frotar. A persoa sempre deberá levar consigo un neceser con bolsas de reposto.

Unha vez, collida a práctica, as persoas con estomas levan unha vida plena coma os demáis. 







BIBLIOGRAFÍA

  • Ostomía: causas, dieta y cuidados - CMED [Internet]. Cmed.es. [citado el 2 de diciembre de 2022]. Disponible en: https://www.cmed.es/actualidad/ostomia-causas-dieta-y-cuidados_186.html
  • Cuidados de una colostomía [Internet]. Cancer.org. [citado el 2 de diciembre de 2022]. Disponible en: https://www.cancer.org/es/tratamiento/tratamientos-y-efectos-secundarios/tipos-de-tratamiento/cirugia/ostomias/colostomia/manejo.html
  • Cuidar P. Guía de cuidados: manejo de ostomías - definición y manejo [Internet]. Proyecto Cuidar. 2018 [citado el 2 de diciembre de 2022]. Disponible en: https://proyectocuidar.com/guia-de-cuidados-manejo-de-ostomias/




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.