30.11.22

Como é tratar a un paciente con fractura de cadeira?

 

Como primeira rotación de prácticas en 2º de Enfermería asignóuseme a COT, é dicir, Ciruxía Ortopédica Traumática e Ciruxía Plástica. Nesta unidade a maioría dos pacientes hospitalizados sometéronse a intervencións de cadeira e de xeonllo, e entre estas dúas, sobre todo ciruxías de prótese de cadeira. 

O perfil destes pacientes son sobre todo personas de idade avanzada, xa que presentan patoloxías previas asociadas aos ósos, como pode ser a osteoporose. Pero, que é a osteoporose?

É unha patoloxía que conleva un debilitamento óseo, polo tanto vanse a volver quebradizos e máis sensibles polo que unha mínima tensión pode producir fracturas. Os individuos que posúen maior risco son as mulleres de idade avanzada, xa que os cambios hormonais postmenopáusicos acentúan esta enfermidade. As fracturas da cadeira son as máis comúns e soen producirse logo dunha caída, aínda que en moitos casos pode producirse primeiro a fractura e a consecuencia desta, a caída. (1)

Como se tratan estes pacientes?

Xeralmente, os pacientes con fractura de cadeira ingresan logo de sufrir unha caída para realizar unha intervención quirúrxica programada. Ao seu ingreso tómanselle todas as constantes vitais (tensión arterial, frecuencia cardíaca e temperatura) e indágase sobre información persoal como si presenta algún tipo de alerxia, a medicación que está tomando, si se someteu a intervencións anteriores ou se xa presenta algunha prótese sexa removible ou non. 

Son pacientes con alto risco de TVP (trombose venosa profunda) polo que se lles administra profilaxe antitrombótica o día anterior á intervención (Heparina) e unha profilaxe antibiótica polo risco de infección que conleva a operación. 

Imagen 1: reemplazo total de cadera
No quirófano, colocaráselle unha prótese de cadeira similar á que se ve na imaxe, dependendo do tipo de fractura e de prótese que necesite. 

Nesta operación retíranse as seccións que están dañadas/fracturadas e reemplázanse pola prótese. (2)

Logo da intervención os pacientes pasarán ao despertar, que é a zona de recuperación postanéstesica, onde, cando se atopen estables subirán de novo a planta de hospitalización (COT). Cando estes pacientes suben de quirófano debémoslle volver a tomar as constantes vitais como protocolo así como indagar a medicación que se lle administrou no quirófano para non duplicala. Hay que pautarlles tamén un tratamento antibiótico e antitrombótico (a primeira dose de heparina ponse 12 horas postciruxía) e ás 6 horas da saída do quirófano poden comezar a tolerar auga para logo pasar á súa dieta normal, xa que deben eliminar os efectos da anestesia para poder tolerar a comida. 

É importante ter en conta outros factores como a movilización, xa que deben gardar un repouso absoluto de 24 horas en decúbito supino cunha almofada entre as pernas para manter abducción dos membros inferiores. Logo destas 24 horas movilízase ao paciente á posición de sedestación, e en función da tolerancia comezarán a camiñar con dispositivos de axuda ás 24 ou 48 horas. 


Vídeo 1: movilidad post-operación


Esta patoloxía, a osteoporose, está relacionada con múltiples factores de risco

  • Ser muller
  • Idade avanzada
  • Etnias occidentais ou descendencia asiática
  • Antecedentes familiares
  • Estaturas baixas xa que están relacionadas con menor masa ósea
  • Niveis baixos de hormonas sexuais
  • Niveis altos de hormonas tiroideas
  • Baixo consumo de calcio
  • Restriccións extremas na inxesta de alimentos
  • Ciruxías gastrointestinais
Vendo todos os factores que poden condicionar esta enfermidade, podemos previla ou tentar retrasar a súa aparición mediante medidas preventivas
  • Inxesta adecuada de Calcio
  • Inxesta adecuada de Vitamina D
  • Exercicio físico para axudar a fortalecer os ósos e retardar a pérdida ósea
(1)


A fractura de cadeira é unha afección moi común nas plantas de traumatoloxía polo que o personal debe familiarizarse con esta e cos coidados que require.
Tamén os individuos deben levar un estilo de vida axeitada, sobre todo a partir de certas idades, ou cando existan problemas de base para intentar previla todo o posible, ou senón retardar a súa aparición.


Bibliografía:

(1) Osteoporosis. Mayo Clinic. Disponible en: https://www.mayoclinic.org/es-es/diseases-conditions/osteoporosis/symptoms-causes/syc-20351968

(2) Reemplazo de cadera. Mayo Clinic. Disponible en: https://www.mayoclinic.org/es-es/tests-procedures/hip-replacement/about/pac-20385042

Imagen 1: Reemplazo total de cadera. OrthoInfo. Disponible en: https://orthoinfo.aaos.org/es/treatment/reemplazo-total-de-cadera-total-hip-replacement/

Vídeo 1: La movilidad después de la operación de cadera. Youtube. Disponible en: https://youtu.be/6-J9-X94h0A


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.