12.12.22

Prevención de úlceras por presión en pacientes encamados

No meu servizo de coidados paliativos, nos atopamos diariamente cunha alta estatística de pacientes que están encamados, que non son independentes e necesitan todo tipo de axuda para moverse. Isto pode levar como consecuencia a perda da integración da pel pola non movilidade, podendo afectar e necrosar aquelas zonas da epidermis, dermis, texido subcutáneo e o músculo onde se asentan, e incluso chegar a afectar as articulacións e ósos. Dito proceso denomínase úlceras por presión (UPP) e como enfermeiros debemos de previlas.

Antes de proceder a explicar detidamente cómo previr estas UPP, debemos ter en conta os factores de risco:

FACTORES EXTRÍNSECOS (1)

  • Presión directa, fricción e cizalla: favorece a infección macerando a pel.
  • Humidade: incontinencia, exudado da ferida, fluídos de ostomías, sudoración.. que reducen a resistencia da pel e aumenta o resgo de sobreinfección. 
  • Xabóns ou solucións alcohólicas: poden agredir perxudicialmente a pel.
  • Situacionais: arrugas do pixama ou das sábanas, sondaxes...
FACTORES INTRÍNSECOS (1)
  • Idade: canto máis avanzada, máis aparición de complicacións como pel máis vulnerable.
  • Nutrición: a mala nutrición dificulta a autorrexeneración da pel por déficit proteico, atrofia muscular e reducción do texido subcutáneo. Como exemplo a obesidade, dificulta máis o movemento. 
  • Medicación: alteración do sistema nervioso relacionado co aumento da fraxilidade cutánea..
  • Función cognitiva: impide ao paciente cubrir as súas necesidades de hixiene, alimentación, cambios posturais... (alzheimer, demencias)
  • Movilidade: eleva o risco de presión prolongada

Unha vez dados os factores de risco, o seguinte paso é protexer a pel dos pacientes e darlles os coidados que necesiten, así para minimizar o resgo a padecer dita condición. Polo que, vamos a explicar as seguintes medidas de prevención claves para previr a aparición das UPP. (2)

  • Cambiar a postura do paciente cada certo tempo: este paso é imprescindible para combatir as UPP. Desta forma nos permite variar os puntos de apoio do paciente co fin de aliviar a presión sobre determinadas localizacións de resgo. Según as recomendacións, os cambios posturais deben seguir unha rotación determinada e resultar compatibles co resto de coidados. Aconséllase a súa realización cada 2-3 horas en pacientes encamados e cada hora cando están en sedestación. Ademáis debemos ter en conta: (1) (3)
    • Impedir o contacto entre prominencias óseas.
    • Non elevar o cabeceiro da cama por encima dos 30º nin efectuar lateralizacións en ángulos superiores aos 30º.
    • Evitar o arrastre do paciente no momento de realizar as movilizacións.
    • Non apoiar ao paciente sobre as súas lesións
    • Manter o aliñamento corporal, a distribución do peso e o equilibrio corporal.
                            Os cambios posturais deben realizarse como describe a seguinte foto: 
                                                                Foto 1: Cambios posturais (3)

  • Coidado ao mover o paciente: débese de ser moi delicado á hora de traballar co corpo dun paciente. Se debe levantar lixeiramente o corpo para cambiar a postura ou rotalo lixeiramente, pero nunca arrastralo porque a fricción podería ferirlle a pel e facer que aparezan outras lesións molestas. (2)
  • Cambiar a roupa de cama: é importante extremar as medidas de hixiene da cama. Polo tanto, procurar que as sábanas e mantas estén sempre limpas, secas e sen arrugas. Este último factor é clave xa que as arrugas aumentan o resgo á formación de úlceras e outras lesións. (2)
  • Mantemento da pel limpa e seca: (1) (3)
    • Utilizar xabóns neutros ou sustancias limpadoras respetuosas ca pel e co baixo poder irritativo.
    • Lavar a pel con auga tibia, aclarar e secar coidadosamente, pero sen friccionar xa que pode deteriorar a capa da epidermis. 
    • Non utilizar alcohois, nin colonias xa que resecan a pel.
    • Aplicar cremas hidratantes procurando que absorban ben, desta maneira aumentará o potencial de resistencia da pel fronte a agresións externas. 
    • Botar un ollo ó exceso de humidade.
DISPOSITIVOS  (3)
Existen unha serie de dispositivos ou superficies de apoio deseñados para reducir ou aliviar a presión. Se clasifican en dous tipos:
  • Superficies estáticas: como son os colchóns e coxíns de auga, fibra, aire, espuma, visco elástico, granulados de polímeros, etc...
  • Superficies dinámicas: colchóns de fluxos alternantes (Terapia pulsátil ou de presión alternante) e camas fluidificadas e camas eléctricas.

E se poden clasificar según o risco do paciente para sufrir úlceras por presión:
  • Baixo risco: pacientes que nunca sufriron unha úlcera por presión pero presentan movilidade limitada. Nestes casos se utilizan colchóns de espuma viscoelástica, sobrecolchóns de aire estático ou de aire alternante.
  • Risco medio: persoas que xa sufriron desta patoloxía con movilidade moi limitada. Utilízanse colchóns ou sobrecolchóns de aire alternante ou superficies de baixa presión continua.
  • Alto risco: pacientes con movilidade nula. Úsanse colchóns de aire alternante ou de baixa presión continua nestes casos. 

Tamén se utilizan apósitos para protexer aquelas zonas de especial risco como son os talóns, sacro, nocellos, cadeira...Ademáis de ser moi utilizadas as taloneiras para protexer esta zona. 




E ata aquí este breve resumen sobre previr a aparición de este tipo de lesións no noso traballo como enfermeiros. 


BIBLIOGRAFÍA

1) Martínez Cuervo F, Soldevilla Agreda JJ, Verdú Soriano J, Segovia Gómez T,García Fernández FP, Pancorbo Hidalgo PL. Cuidados de la piel y prevención de úlceras por presión en el paciente encamado. Rev ROL Enf 2007; 30(12):801-808. Consultado el 12-12. Disponible en: Cuidados de la piel-version3:Revista Rol.qxd (caib.es)

2) Estudios DWI. ¿Cómo proteger la piel en pacientes encamados? 2018 Benviure Centre Assistencial Geriàtric. Consultado el 12-12. Disponible en: ¿Cómo proteger la piel en pacientes encamados? - Benviure

3)  Pacientes y Cuidadores. ¿Cómo prevenir una úlcera presión?.  Recursos y guías útiles, úlceras y heridas. Publicado el 11/05/2014. Consultado el 12-12. Disponible en: ¿Cómo prevenir una úlcera por presión? - Pacientes y CuidadoresPacientes y Cuidadores | Información y recursos para mejorar el bienestar y la calidad de vida de los pacientes y sus cuidadores

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.