25.11.22

Qué son os catéteres venosos centrais?

Catéter central 

Os catéteres venosos centrais, ou tamén chamados vías venosas centrais, vías centrais ou catéteres de acceso venoso central son sondas ou catéteres de inserción en venas de gran calibre como poden ser yugular ou subclavia coa finalidade de chegar ao corazón. Atopamos difentes tipos de catéteres venosos centrais, pero diferenciamos dous grupos, que son: 

  • Catéteres venosos centrais tunelizados 
  • Catéteres venosos centrais non tunelizados. 

Catéter venoso central tunelizado 

Un catéter tunelizado é largo e flexible, colocase nunha vena do peito. Atopamos diferentes tipos de catéteres tunelizados, todos eles son tunelizados por debaixo da pel ata unha vena grande que se encontra preto do corazón. Fora do corpo quedarán unha, duas ou tres pequenas sondas chamadas lúmens. Cada lúmen presenta unha pinza, un conector e unha tapa desinfectante no extremo. O catéter tunelizado empregase para:

  • Tomar mostras de sangue 
  • Administrar líquidos
  • Administrar quimioterapia u outros medicamentos
  • Realizar transfusión de sangue 
  • Proporcionar nutrición por vía intravenosa (IV)

A utilización de este tipo de catéteres é sobre todo para que os pacientes non precisen tantas agullas, é dicir, que mediante o catéter xa se lle poda administrar toda a medicación ou nutrición necesaria ou incluso a extracción de mostras. Ademáis estos catéteres poden permanecer no corpo incluso durante anos. A elección de este tipo de catéteres tamén pode ser debido a que o paciente presente venas dificiles ou sensibles cuxa colocación dun catéter periférico sexa complicado. 

Estos catéteres poden presentar tres lumens ou dous. En ambos casos os lúmens diferenciaranse por cores xa que cada un debe ser usado para unha cousa diferente, depende da casa comercial a elección das cores, no caso dos de tres lumens diferenciamos: 

  • Lúmen proximal, para transfusión de sange ou retirada da mesma. No caso de transfusión de sangue débense pechar o resto das luces para asegurar que esta no reflúa as outras vías. 
  • Lúmen medial, para nutrición parenteral, ao igual que a perfusión de sangue, débense pechar as outras luces. 
  • Lúmen distal, para fluidoterapia ou para realizar a medición da presión venosa central (PVC), no momento da medición débese asegurar que o resto de luces están pechadas. 

Os tres ademáis poden ser usados para a administración de medicación. Aínda que é preferible que a medicación se administre polo lúmen distal no caso de que se realice algunha transfusión ou a administración de nutrición debido a que esa luz xa estará contaminada polo medicamento aínda que se realice un lavado con suero fisiolóxico da mesma. 

Catéter Venoso Central Non Tunelizado 

Os catéteres venosos centrais non tunelizados presentan a mesma inxerción que os tunelizados, a única diferencia é que estos non presentan lúmens que exteriorizan, é dicir, todo o catéter atópase no interior do paciente. Atopamos diferentes tipos de catéteres venosos centrais non tunelizados, pero entre eles destacamos os reservorios subcutáneos

Os reservorios subcutáneos son dispositivos implantables para o acceso venoso permanente e de larga duración. Trátase dun dispositivo metálico pequeno que consta dunha cámara con superficie de silicona onde se pincha, esta cámara atópase conectada a un catéter que vai por debaixo da pel hasta chegar a unha vena de gran calibre. Diferenciamos: 

  • Os directos a unha vena grande central do tórax, normalmente a vena cava superior. 
  • Os que se colocan na parte superior dos brazos e a través das venas periféricas grandes condúcese o catéter ata chegar a zona da vena cava superior.
Estos dispositivos son específicos para as persoas que precisen unha terapia intravenosa a longo prazo. Ademáis, os pacientes oncolóxicos poden requerir da administración intermitente de quimioterapia, nutrición parenteral, infusiones o transfusiones de sangue. Así mesmo, estos dispositivos previenen a aparición de infeccións, coagulación e a extravasación. 


Catéter Central de Inserción Periférica (PICC)

O Catéter Central de Inserción Periférica ou PICC (polas suas siglas en inglés) é un catéter/sonda larga e flexible que se coloca na vena na parte superior dun dos brazos. Colócase polas venas da fosa antecubital, progresando polo brazo hasta chegar a vena cava superior. Si e posible a su colocación realizarase con ecoguía, preferiblemente na vena basílica. A súa vez comprobarase a súa colocación mediante raios X ou ECG intracavitario antes do seu uso. 

A vía PICC presenta dous extremos, un deles atravesa a vena ata chegar a vena cava, mentres que o outro é o que comunica a vena co exterior e atopase fora do corpo. A súa vez este extremo pode presentar dous ou tres sondas máis pequenas chamadas lúmens. Esta vía empregase nos pacientes con tratamiento largos e/ou agresivos ou con malos accesos venosos, ademáis de que pode utilizarse para a administración de medicamentos, líquidos, hemoderivados, nutrición parenteral ou incluso utilízase para a monitorización hemodinámica. 

O PICC pode permanecer ata unha duración máxima de 18 meses, xa que este tipo de cateter é considerado en tratamento de corta duración e que utilizase nun principio para disminuir o número de pinchazos, é dicir, con este catéter só é necesario a inserción do mesmo durante o tratamento ou na retirada de mostras de sangue. 

A diferencia do resto de catéteres durante o proceso de limpieza con suero fisiolóxico este debe realizarse coa técnica pulsatil (Push-Stop-Push) empregada para optimizar a circulación sanguínea.


Nos catéteres é moi importante comprobar todos os días a situación dos mesmos, xa que o maior problema é a aparición de flebitis, é dicir, a inflamación das venas nas que se atopan conectadas estos catéteres, e que consecuentemente poden producir unha infección que pode propagarse por todo o organismo. Polo que é importante comprobar sempre os lugares de inserción para observar signos ou síntomas de posible flebitis e así actuar o antes posible para poder evitar complicacións debidas a colocación destes catéteres.  

Bibliografía: 

  1. Información sobre el catéter tunelizado [Internet]. Memorial Sloan Kettering Cancer Center. [citado o 25 de novembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.mskcc.org/es/cancer-care/patient-education/about-your-tunneled-catheter
  2. Enfermeriaevidente.com. [citado o 25 de novembro de 2022]. Dispoñible en: https://enfermeriaevidente.com/2019/04/21/diferentes-usos-de-las-luces-en-un-cateter-venoso-central/
  3. Formación E. ¿Qué es un reservorio subcutáneo y para qué sirve? [Internet]. European School Health Education. [citado o 25 de novembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.esheformacion.com/blog/42/que-es-un-reservorio-subcutaneo-y-para-que-sirve
  4. Información sobre el catéter central de inserción periférica (PICC) [Internet]. Memorial Sloan Kettering Cancer Center. [citado o 25 de novembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.mskcc.org/es/cancer-care/patient-education/about-your-peripherally-inserted-central-catheter-picc
  5. Vía central de inserción periférica [Internet]. Mayoclinic.org. 2019 [citado o 25 de novembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.mayoclinic.org/es-es/tests-procedures/picc-line/about/pac-20468748
  6. Mantenimiento y Cuidados del PICC [Internet]. Enfermería Creativa. 2016 [citado o 25 de novembro de 2022]. Dispoñible en: https://enfermeriacreativa.com/2016/12/30/mantenimiento-y-cuidados-del-picc/