2.12.22

Educación para a diabetes

A diabetes mellitus é unha enfermidade metabólica que se caracteriza por un aumento da glucosa en sangue (hiperglucemia) debido a unha alteración da secreción de insulina, da su acción, ou de ambas. Diferenciamos dous tipos de DM, a de tipo 1 é unha enfermidade xenética autoinmune, na que se produce unha destrucción das células β do páncreas, provocando un déficit absoluto de insulina. Mentres que na DM tipo 2 é debido a un déficit do nivel de glucosa. A DM tipo 2 está moi asociada a obesidade, os hábitos de vida, dieta inadecuada e exercicio físico insuficiente. 

A diabetes mellitus é un problema global en constante crecemento, que implica un incremento dos costos en saude. Cando a control da enfermidade non é adecuado esto repercute a calidade de vida dos paciente, producindo unha maior discapacidade na poboación. Os pacientes de ciruxía cardíaca e vascular adoitan ser diabéticos e a gran maioría deles non a teñen controlada, a súa vez, gran parte das operacións vasculares están asociadas aos pacientes diabéticos e o pé diabético que rematan en diferentes tipos de amputacións dependendo da afectación da ferida debido a diabetes. Polo que a educación en diabetes de forma continua é unha ferramenta fundamental tanto para a poboación en risco de diabetes como as persoas que xa a padecen. 

A educación diabetolóxica dos profesionais de enfermería permite capacitar ao paciente no seu autocuidado, facilitándolle os coñecementos e destrezas necesarias para o tratamento da sua enfermidade, conseguindo un bo control da enfermidade, retrasando a aparición de complicacións e así diminuir a mortalidade asociada a esta patoloxía. O obxectivo principal é que o paciente logre obter e manter conductas que o leven a un óptimo control da vida coa enfermidade. A súa vez os pacientes diagnosticados de diabetes teñen a responsabilidade de levar a cabo un control tanto mediante a realización dos análisis, coñecer o uso da insulina, levar a cabo actividade física, e tamén seguir unha dieta axustada as súas necesidades. Con isto conseguimos diminuir as complicacións ou incluso eliminalas.   

O proceso asistencial da diabetes mellitus encargase de orientar as actuacións dos profesionais no diagnóstico e seguimento do paciente con diabetes mellitus tipo 2 co fin de reducir a mobi-mortalidade asociada, a través da diminución da variabilidad asistencial e baixo criterios de calidade e eficiencia. Este proceso atópase dividido en diferentes fases. 

A primera fase do proceso asistencial é o cribado, no que se levarán a cabo probas a pacientes de risco como non para coñecer se padecen DM non diagnosticada. Preséntase unha gran variedade de factores de risco onde podemos atopar antecedentes familiares de diabetes, hipertensión arterial ou sedentarismo. Dependendo de si considerase o paciente en risco ou non levarase a cabo unha glicemia para determinar o nivel de glucosa en sangre. No caso de que o nivel de glicosa sea superior ou igual a 110 mg/dl pasará a seguinte fase do proceso, no caso contrario volverá a realizarse unha glicemia pasado un tempo determinado. 

Posterior ao cribado, levase a cabo un diagnóstico de diabetes no cal dividimos dous tipos de pacientes: os pacientes en alto risco de padecer DM (prediabetes) e os pacientes as que se lles determinou que padecen de diabetes e aos que se lles ten que levar a cabo unha valoración inicial e clasificación da diabetes. No caso dos pacientes con alto risco se levará a cabo un seguimento e un control do seu estado de salud para poder diagnosticar a diabetes o antes posible, mentres que no segundo caso levarase a cabo un análise completo para poder clasificar o tipo de diabetes, no que se levará a cabo unha exploración física, unha anamnese específica e tamén probas diagnósticas entre outras. 

Os pacientes diagnosticos con diabetes e determinada o tipo de diabetes que presentan seguirán un plan terapéutico individualizado ata poder alcanzar a estabilización da patoloxía. No cal levarase a cabo un plan específico para cada paciente dependendo do tipo de diabetes que presente además de outro tipo de circunstancias como poden ser a idade, o nivel de sedentarismo, outras enfermidades ou o nivel nutricional entre outros. Tras coñecer esto prescibirase un tratamento que deberá ser revisado e modificando dependendo da resposta do paciente ou dos resultados obtidos para poder alcanzar un resultado óptimo no tratamento da diabetes mellitus. Nesta fase unha das cousas máis importantes é a educación do paciente para prevenir posibles consecuencias como as que se presentan na ciruxía vascular os xa mencionados pés diabéticos. 

Finalmente, no proceso asistencial levarase a cabo un seguimento do paciente e da sua evolución polo cal levaránse a cabo citas programadas para coñecer a situación da enfermidade ademáis de levar a cabo unha resivión do plan asistencial para que sea o máis axustado posible ao paciente. 

Bibliografía

  1. de Enfermería Ocronos RM y. Educación diabetológica, capacitar al paciente en su autocuidado; papel clave de la Enfermería [Internet]. Ocronos - Editorial Científico-Técnica. Ocronos - Revista Médica y de Enfermería; 2019 [consultado o 2 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://revistamedica.com/educacion-diabetologica-autocuidado-enfermeria/
  2. Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade. Dirección. Xeral de Asistencia Sanitaria. Servizo Galego de Saúde. Proceso asistencial integrado de Diabetes Mellitus tipo 2. Santiago de Compostela. 2015.[consultado o 2 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.sergas.es/Asistencia-sanitaria/Documents/620/Proceso%20asistencial%20integrado.%20Diabetes%20mellitus%20tipo%202.%20Actualizaci%C3%B3n%202015.pdf
  3. Hevia P. Educación en diabetes. Revista Médica Clínica Las Condes [Internet]. 2016 Marzo [consultado o 2 de decembro de 2022]. Dispoñible en: https://www.elsevier.es/es-revista-revista-medica-clinica-las-condes-202-pdf-S0716864016300165