21.11.22

Qué é un drenaxe?

No meu primer día de prácticas puiden observar unha gran variedade de coidados dirixidos aos pacientes aos que se lles realizou algún procedemento quirúrxico cardíaco ou vascular. Entre eles podemos atopar os drenaxes PLEUR EVAC, moi utilizados tras levar a cabo: 

  • Neumotórax
  • Neumotórax a tensión 
  • Hematórax-hemoneumotórax
  • Neumectomía-lobectomía
  • Ciruxías cardíacas

O PLEUR EVAC é un dispositivo de drenaxe torácico que ten a finalidad de eliminar contido líquido ou gaseoso formado en ambas pleuras ou procedente do mediastino, mediante a colocación dun tubo endotorácico. O obxectivo principal é drenar e liberar a cavidade pleural e o mediastino da presencia anormal de aire, líquido ou sangue excesiva. 

O dispositivo consiste en tres cámaras: 

  • A primera delas é a cámara de control de aspiración que representa a presión de vacío que se atopa na pleura, polo que se debe encher esta cámara con 20 cm³ de auga, para igualar o vacío que se debería presentar na cavidade pleural. 
  • A segunda cámara, é a cámara de selo de auga que ao igual que a primera se encherá de auga, pero neste caso só 2cm³. Tanto nesta cámara como na anterior presentase un colorante azul que modifica a cor da auga cando se produce o enchido destas, isto permite diferenciar as cámaras que presentan auga coas cámaras que presentan o contido procedente das pleuras e o mediastino. 
  • A terceira cámara é a que se atopa conectada ao paciente a través dun tubo de drenaxe, e denominase cámara recolectora. Nesta cámara comprobase o porcentaxe de contido sanguinolento que se drena. Cada oito horas máis o menos comprobarase o nivel do contido presente na cámara é marcarase cun rotulador o nivel no que se atopa o contido, e a hora na que se determina. Posteriormente esta información ten que ser rexistrada na historia clínica do paciente para poder levar a cabo un seguimento do paciente. Ao igual que se comproba a nivel da cámara débese comprobar o tubo de drenaxe xa que nel preséntase o líquido más recente polo que da unha maior información sobre a calidade do drenaxe, xa que no momento que o líquido abandone o tubo mezclarase co xa presente na cámara. 

Así mesmo, como xa dixemos antes, os pacientes que se someten a estos procesos quirúrxicos presentan tres tubos de drenaxe, os cales, dous tubos procedentes de ambas pleuras uniránse nun único tubo que estará conectado a un PLEUR EVAC, mentres que o outro tubo conectado ao mediastino irá dirixido a outro dispositivo PLEUR EVAC.

Na maioría dos casos estos dispositivos atópanse conectados a un aspirador, nas persoas que se someten a ciruxías cardíacas e vasculares estarán sempre conectados a un aspirador. A súa finalidade e a de facer burbullar a auga que está presente na cámara de vacío, ya que como o seu nome indica ten que simular o vacio presente nas cavidades pleurais. Unicamente esta cámara é a que pode burbullar xa que si se producise na cámara de selo de auga podería ser significativo dunha fístula alvéolo pleural o unha fístula bronco pleural. 

Como se leva a cabo o cambio deste sistema de drenaxe: 
  1. Realizarase o proceso de preparación do novo dispositivo de drenaxe. 
  2. Pinzarase os tubos de drenaxe tanto dos que se atopen conectados ao dispositivo de drenaxe a cambiar como os non conectados. E decir, no caso de que houbese dous dispositivos PLEUR EVAC, pinzaranse ambos tubos aínda que solo se realizase o cambio dun. 
  3. Cambiase o tubo, e quitase a pinza. Para saber si se está pinzando ben ou non se comproba co aspirador, xa que no momento de pinzar os tubos a auga presente na camara de control este deixa de burbullar. 
  4. Cambiado o dispositivo de drenaxe volverase a comprobar o enchido do mesmo, e introduciendo a información obtida na historia clínica. O dispositivo cambiado será eliminado correctamente, colocando o mesmo no cubo de residuos correspondente. 

No caso de que queiras aprender a manexar o drenaxe torácico con selo de auga deixote este enlace no que explica con maior profundidade o dispositivo PLEUR EVAC. 


Este é un video de como se prepara o PLEUR EVAC para o seu uso.  

Bibliografía

  1. ¿Cómo funciona el drenaje torácico? [Internet]. Enfermería Creativa. 2016 [citado o 21 de novembro de 2022]. Dispoñible en: https://enfermeriacreativa.com/2016/10/31/como-funciona-el-drenaje-toracico/